Nace unha asociación de pais e docentes contrarios ao decreto do ensino en galego

Bilingüismo postural

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A plataforma “Tan gallego como el gallego” acaba de converterse en asociación. “Galicia Bilingüe” é o nome que asumiron pais e profesores contrarios ao decreto aprobado pola Consellaría de Educación que fixa mínimos para o noso idioma. A entidade conta con 60 persoas que no seu momento chegaron a recoller 20.000 firmas contra a norma da Consellaría. Mentres, a Asociación Galega de Editores (AGE) felicitou á Xunta por este decreto.

Máis información no web Galicia Bilingüe, e sobre o manifesto no web “Tan gallego como el gallego” e sobre o decreto na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Bilingüe, Ensino, Editores, Manifesto...