A coincidir coa chegada de "O espírito do bosque" a Cannes facemos unha escolma das relacións dos autores galegos de BD co audiovisual

BD AV

Cannes acolle estes dias a presenza de "O espírito do bosque" a cinta de animación da produtora coruñesa Dygra que conta con David Rubín como Co-Director. Ademais do "De Profrundis" de Prado, a relación dos nosos autores de BD tamén pasa polo traballo de Miguel Robledo como animador e deseñador de personaxes en "A bruxa Catuxa", recentemente gañadora dun premio Mestre Mateo. Pola súa banda, Manel Cráneo é un dos autores que ten desenvolvido diferentes traballos no campo dos story boards para producións coma "O lapis do carpinteiro", ao igual que Xoán Carlos Abraldes. Mariano Casas, coas súas curtas de animación autoproducidas ou os diferentes participantes do certame de lufadas do programa "Miradas 2" son aínda outros dos autores que se relacionan con este mundo.

Máis información nesta reportaxe de El País, no web de Mariano Casas; os participantes no certame de lufadas; a ráfaga de Serxio Covelo; Miguel Robledo en AVG; De Profundis en AVG