Aparece en Ourense a primeira colección completa de "El Catón Compostelano", primeiro xornal galego

O único Catón

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
A Biblioteca do Seminario Maior de Ourense ocultaba nos seus andeis un curioso tesouro bibliográfico. A primeira colección completa que se conserva de "El Catón Compostelano" presentábase onte en público. Esta publicación, considerada o primeiro xornal de galicia, saíu á rúa en 1800 e durou 22 números. Os 21 primeiros viran xa a luz nunha edición facsimilar realizada polo Consello da Cultura Galega. Canda a isto, o responsable da biblioteca anunciou tamén que no centro está tamén un dos tres únicos exemplares que existen das "Décadas" de Tito Livio.

Máis información en Galicia Hoxe; o "Catón" na nosa biblioteca; o número 22 no web da Biblioteca do Seminario Maior de Ourense

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Galicia Hoxe, Culturagalega, Consello da Cultura Galega