Como cada ano, as datas previas do DÃa das Letras énchense de propostas culturais, en Galicia e mais no exterior. AsÃ, celebrarase a Semana da Cultura Galega en Damasco, mentre a asociación Alto Minho de Lugo prepara o seu Mes das Letras e a ferrolá Fundaçom Artábria ten tamén as súas actividades preparadas. Festa da Lingua en Pontevedra, un ciclo de conferencias en madrid, o xa habitual cortexo cÃvico da Coruña, e distintos eventos nos lectorados de galego polo mundo complementan a programación da Real Academia Galega. Esta institución prevé celebrar o vindeiro xoves unha sesión plenaria na antiga escola de Seoane do Courel e unha ofrenda floral na mesma localidade. Ao tempo, a Mesa pola Normalización reclamou "menos homenaxe fúnebre" para a nosa lingua.
Máis información en La Voz de Galicia; as actividades dos lectorados e as de Damasco no web da Xunta; a declaración da Mesa; web da cadea; máis actividades no Portal Galego da LÃngua; e nos nosos arquivos