A curtametraxe é a clave para explicar todo o movemento cinematrográfico que se está a desenvolver este días en Galicia. En Vigo e en Compostela podemos atopar as cámaras e os focos da rodaxe de "Os días do caos". Un pouco máis a desmán, entre o Courel e o Bierzo, está a desenvolverse a rodaxe de "Trofeo", unha película da productora Ibisa TV. E voltanto a Vigo atopamos a convocatoria dun casting para "El regreso", unha historia de amor, maxia e intriga que comezará en breve a súa rodaxe.
É o caos
As lembranzas dunha noite de alcol e drogas son a base con que José Manuel Bazarra, Sepi, constrúe en "Os días do caos" un retrato sobre a falta de ilusión da mocidade. Partindo das experiencias vividas por el mesmo e polos seus compañeiros durante os anos de estudio na Universidade, Sepi pretende retratar o desencanto e a desidia da mocidade e as dificultades que atopa un mozo con talento "nun ambiente decadente do que non é capaz de saír". O protagonista deste filme é Andrés, un contacontos interpretado por Diego Anido. A maior parte do equipo involucrado na realización desta curtametraxe provén da escola de Imaxe e Son da Coruña e da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, aínda que o filme conta con apoios de profesionais tan prestixiosos coma Xurxo Souto, Luis Tosar, ou o dúo cómico Gomaespuma, que colaborará na promoción da película. A producción acadou unha axuda da Xunta de dous millóns e medio, e a Facultade de Ciencias da Comunicación aportou grande parte do material empregado na rodaxe.
Trofeo
Un mozo atopa no medio dun bosque a un ancián en pixama e mátao accidentalmente. Ese é o punto de partida de "Trofeo", unha curtametraxe que se está a rodar estes días entre o Bierzo e o Courel baixo a dirección de Emlio Álvarez e cun guión de Emilio Álvarez. A rodaxe, comezada o pasado dezasete e cunha duración prevista de dez días, conta coa presencia de destacados actores coma Carlos Álvarez Nóvoa, Goya ó actor revelación en 1999. Desde a productora IbisaTV púxose en marcha unha web que se vai actualizando simultáneamente á rodaxe, dando pistas sobre a historia e complementando a información da película.
Casting de "El Regreso"
Dous sicarios brasileiros buscan un valioso colar roubado por un emigrante galego. Polo medio, elementos máxicos e amorosos complican unha trama que se desenvolve entre Brasil, Portugal e España. "El regreso" é o título deste filme que está a desenvolver a productora Meiga e para o que busca extras de ámbolos sexos con "atractivo físico e capacidade de comunicación". A curtametraxe estará dirixida por Juan Estraviz e interpretado por Elva Rodríguez, Arantzazu Castiñeira, Miguel Vázquez e Rebeca Masip. Os interesados en participar deberán achegarse á sede da productora na Gran Vía de Vigo.