Xentes do mundo da cultura constitúen unha plataforma para apoiar os traballadores do Instituto Galego da Información

Plataforma polo IGI

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Van xa tres meses que os trece traballadores do Instituto Galego da Información, entidade ata o de agora dependente do Grupo Sargadelos, non reciben os seus salarios. A nova dirección da empresa entende que non é a súa responsabilidade facerse cargo deste departamento, que dirixe Isaac Díaz Pardo. Onte, un colectivo de persoeiros do mundo da cultura reuniuse na sede do Instituto para amosar o seu apoio aos traballadores. No encontro, anunciouse a constitución, o vindeiro sábado 12, dunha plataforma en apoio a desta problemática á que xa deron apoio nomes coma Fransico Pillado, Xosé Luís Axeitos, Xosé Manuel Beiras, Neira Vilas, Margarida Ledo, Ramón Villares ou Xosé Ramón Barreiro.

Máis información en Galicia Hoxe; e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Manuel Beiras, Manuel Beiras, Xosé Luís Axeitos, Xosé Ramón Barreiro...