Unha publicación e unha xornada analizan as relacións entre a cultura e a rede

Máis internet, máis cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Consello da Cultura Galega e as consellarías de Cultura e Innovación xuntan os seus esforzos para dar a coñecer as posibilidades que o contexto actual de internet está a ofrecer para a creación e as industrias culturais. Faino por partida dobre: por unha banda na xornada “I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en internet” que terá lugar o xoves no marco do Culturgal. Alí Francis Pisani, profesor das Universidades de Berkeley e de Stanford, exporá a súa visión da Web 2.0. Pola outra, unha publicación do mesmo nome afondará no escenario actual da cultura.

Máis información en Culturagalega.org

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Culturagalega, Consello da Cultura Galega, Culturgal...