Tal dÃa coma onte, presentábase no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, hai dez anos, culturagalega.org. Os obxectivos, de aquela, continúan a ser os mesmos de hoxe: ofrecer un ambicioso espazo en Internet que servira de punto de encontro para aqueles que queren coñecer e disfrutar da cultura e lingua de Galicia. Fixémolo desde unha visión multimedia da cultura e baixo o selo da innovación. Aquà tes unha pequena retrospectiva das principais mudanzas de culturagalega.org neste tempo.
Un cibermedio, un produto dixital, debe estar continuamente en construción. Pero en culturagalega.org a innovación é unha necesidade editorial. Cremos na nosa cultura e lingua, nas nosas posibilidades e nas nosas realidades. E queremos construÃr un espazo que sexa un emblema da nosa cultura, un lugar que combine a rigorosidade, a calidade de contidos e o noso acervo cultural milenario coas últimas tendencias en deseño e tecnoloxÃa a nivel internacional. Un produto do que nos sintamos orgullosos.
Unha evolución tecnolóxica ata o mundo do intercambio
O Consello da Cultura Galega presentou culturagalega.org o 10 de outubro do ano 2000, nun salón de actos cheo de xente. Os inicios tecnolóxicos sempre son descubertas con enormes doses de traballo. No ano 2002 dimos un enorme salto cualitativo: a elaboración dun sistema editorial propio que nos permitiu aprender e coñecer as tecnoloxÃas de bases de datos e a filosofÃa conceptual detrás delas. A idea de base de datos serÃa fundamental para culturagalega.org: para nós, mesmo os relatos, son elementos dunha base de datos. Traballamos para o presente pero almacenamos todo para que colla valor no pasado inmediato ou no pasado distante. A partir da construción de todo o sitio web con tecnoloxÃas open source, de libre distribución, conseguimos reducir os custes de produción. No sistema actual, empregamos máis tecnoloxÃas de intercambio de datos con outras webs e entidades, coma o XML. Cremos que o futuro pasará por ser capaz de tecer novos produtos e responder ás demandas dos usuarios a partir da combinación de numerosos fluxos de información. Nun paÃs como Galicia, a colaboración entre diferentes axentes públicos e privados será clave para poder facer medrar a visibilidade da nosa lingua e cultura con custes eficientes.
De portal a plataforma
Durante moito tempo, definimos publicamente a culturagalega.org coma un portal. Cando se inaugurou no ano 2000, o uso de Internet en Galicia non tiña nada que ver co actual. Era un mundo de moitos internautas que entraban na rede por primeira vez. Era un mundo sen Google. Queriamos axudalos a entrar nos contidos interesantes da cultura galega que xa estaban dispoñibles en Internet.
Pero o noso concepto madurou cos internautas. Comezamos a considerar que a experiencia de culturagalega.org tiña máis que ver co usuario que con nós mesmos, e empezamos a deseñar ferramentas para facilitar a consulta de culturagalega.org desde múltiples puntos, como RSS, mesmo con aplicacións adaptadas por nós, pantallas de inicio personalizadas, versións especÃficas para móbiles... Tamén a propia idea de produto foise transformando. Coincidindo coa emerxencia da web 2.0, coa que numerosos axentes antes pouco presentes na rede comezaron a facerse visibles, crimos necesario potenciar as capacidades de culturagalega.org como plataforma de distribución de contidos, moitos deles xa publicados na rede, pero en puntos aillados entre si. Hoxe culturagalega.org tamén está presente nas redes sociais, e están en curso proxectos para achegar modos innovadores, sinxelos e útiles de acceder e publicar contido nesta nova época de Internet.
De cibermedio a algo máis
O noso modelo, vinculado á actualidade por vocación, é xornalÃstico. Pero desde o ano 2002, co redeseño de AVG, o noso soportal do audiovisual, vimos a potencialidade de traballar para o presente pero tamén para o futuro, a través da nosa estrutura de soportais. Nos soportais, que iniciamos no 2000 pero que seguimos construÃndo no 2002 (redeseño de AVG), no 2007 (MeGA, o soportal de música) ou 2010 (Atalaia, arte contemporánea), amósase esta filosofÃa. Indo máis alá das noticias, comezamos a procesar moito material vinculado á industria cultural en bases de datos que nos permiten crear de xeito rápido e económico potentes fichas de pelÃculas, de libros, álbums de banda deseñada ou creadores de distintos ámbitos da industria cultural, e interaccionalas coas nosas noticias. O usuario pode experimentar a lectura da actualidade diaria ou coñecer o traballo dunha persoa ou a evolución dun produto en retrospectiva. culturagalega.org é un medio hÃbrido, que aproveita o mellor do xornalismo combinado con técnicas propias da documentación e a nova filosofÃa inspirada pola cultura da web.
Nas vindeiras semanas coñecerás máis detalles de culturagalega.org e a cultura galega.