Emma Ríos amosa os seus últimos bosquexos mentres Víctor Rivas ilustra un xogo de rol e camisetas

Cadriños en construción

3/5/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
As primeiras páxinas e mais unha introdución a "Agenesia", o novo proxecto no que está a traballar Emma Ríos, está dispoñible no seu web. Canda a isto, a autora amosa exemplos da obra "Pontomedusa", na que está a traballar co guioniesta Javi Peteiro. Ao tempo, Víctor Rivas amosa no seu espazo en Flickr un bo feixe das ilustracións que está a facer para un vindeiro xogo de rol de temática fantástica. O autor, que finalmente non deseñará o "Lucky Duckie" de Miguel Porto que anunciara Dibbuks, está tamén a se lanzar ao deseño de camisetas coa marca Shaggy Dragon Shop mediante unha tenda virtual.

Máis información no blog de Emma e na ficha da autora no Flickr de Víctor Rivas, no web das súas camisetas e na ficha do autor

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Víctor Rivas, Emma Ríos, Culturagalega, Miguel Porto

Claves

Entidades