Curtocircuíto bate marcas de participación ao recibir 800 traballos para participar no festival

Circuítos longos

30/4/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Malia que o prazo de recepción de traballos está aberto ata finais de xuño, a organización de Curtocircuíto xa recibiu preto de 800 curtas, case o dobre que na anterior edición. Segundo Tim Reford, director do festival, os traballos chegan de países como Burundi, Líbano ou Kuwait e tanto a afluencia como a diversidade na participación está marcada pola inscrición en liña na páxina de Short Film Depot. A terceira edición deste certame pretende a súa consolidación no panorama internacional.

Máis información no seu sitio web e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Culturagalega

Claves