Hai uns días anunciabamos as programacións culturais de Vigo, Pontevedra, A Coruña e Tui para a temporada estival. Hoxe facemos dúas novas recaladas. A primeira en Mos (Pontevedra) que presenta un programa con cine, manualidades, exhibicións e títeres para estes dous meses. E a segunda parada obrigatoria facémola en Chantada, que presenta o seu "Verán cultural" cargado de actos onde a música é o prato forte.
O tempo libre de Mos ocúpase en...
Cine, exhibicións de paracaidismo, trial, teatro, excursións, obradoiros de manualidades, concertos de música e un campionato de fútbol sala entre parroquias son as principais actividades para combater a calor en Mos (Pontevedra). Un programa que conta coa organización conxunta da concellalía de Xuventude de Mos con numerosas agrupacións veciñais da zona.
Deste xeito preténdese ofrecer unha alternativa que manteña ocupados os nenos do propio concello.
As actividades comezan o próximo sábado cun ciclo de cinema; o primeiro pase será a película "Torrente, el brazo tonto de la ley". Logo tomaralle o relevo, o programa "Coñece o teu concello", co que están programadas cinco excursións por diferentes lugares do municipio, entre as que destaca a visita ás Ons e ós museos da Coruña.
... e en Chantada con música
O "Verán cultural" é o programa co que o Concello de Chantada ten previsto encher o tempo de lecer das vacacións. E a oferta presentada está repartida por días; así, de luns a xoves haberá manualidades, xogos populares e debuxo; os venres é o día dos filmes e dos videos didácticos.
Á programación fixa engádenselle tamén un abondoso programa musical que se inicia do 22 deste mes coa banda de música de O Rosal; o 2 de agosto coa Orquestra Sinfónica de Acordeones de Bilbao; o 5 a banda de música de Viveiro e o grupo de baile húngaro Balaton Dance Ensemble, o 11 a banda de gaitas de Samos e o ciclo de Cinema na noite. E falando de cine, o cine club "Os Papeiros" terá lugar a "Semana do Cinema".