A parella feita polo jazz e o verán volve ás cidades coa recuperación de destacadas citas de axenda que levan moitos anos servindo de escaparate e conexión deste xénero e os seus artistas locais e internacionais co público. Dúas citas urbanas consolidadas recobran este a no a presencia estival. É o caso do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra e do Festival Internacional +QJazz da Coruña. Durante o mes de xullo estes eventos retomarán a súa oferta traendo a Galicia a figuras de primeiro nivel. A permanencia e volta de outras citas urbanas habituais deste xénero, como o caso do Festival de Jazz de Vigo que substituÃu ao ImaxinaSons en 2018, está aÃnda por coñecerse. En varias pequenas localidades sà haberá de novo estes eventos.
No caso coruñés esta será a oitava edición do Festival Internacional +QJazz, organizado polo Garufa Club, un referente da cidade. O festival regresa ás salas coruñesas cunha edición máis ambiciosa, pero co mesmo espÃrito de manter unha calidade artÃstica de alto nivel. O ciclo albergará a grandes figuras do panorama jazzÃstico internacional, nacional e galego nunha sucesión de concertos que comezarán coa actuación estelar de Mike Stern Band o 4 de xullo no Teatro Colón y pechará no mesmo escenario, o 10 de xullo con Pepe Rivero. No medio pasarán polas salas coruñesas a Nick Moss Band, Cast, Gisele Kackson e a Garufa Blue Devils Bigband. Pola súa banda a cidade do Lérez recupera, aÃnda que o formato xea curto (entre os dÃas 20 e 24 de xullo) a súa presenza na que será a vixésima novena edición, e farao no seu espazo emblemático, a Praza da FerrerÃa de Pontevedra. O cartel está aÃnda por coñecerse.