A BD protagoniza as II Xornadas da Francofonía en Santiago de Compostela

Francofonía en cadriños

Do 23 ao 26 de abril a Facultade de Filosofia e mais a Aula de Cultura Caixa Galicia en Compostela acollen as II Xornadas da Francofonía, que teñen como eixo central a banda deseñada. Deste xeito, na facultade da praza de Mazarelos poderá verse a mostra "A BD francófona e a súa influencia en España". Ademais, Carlos Portela dará esta mesma tarde, a partir das 19:30, unha conferencia co título "De Tintín a Persépolis, historia e influencia da BD francesa no cómic español".

Máis información no web do Concello de Santiago