Unha biblioteca de cómic e mais a mostra de BD Banda achegan a novena arte ao Verbum

Verbum BD

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O museo vigués Verbum-Casa das Palabras conta coa banda deseñada na súa programación para o Nadal. Por unha banda abre a Biblioteca do cómic que permitirá, a partir do vindeiro martes, coñecer aos visitantes do centro os últimos lanzamentos estatais neste campo. Ao tempo, e co título "O mundo do cómic", poderá verse a partir do vindeiro mércores trece a exposición retrospectiva da revista "BD Banda" que xa se puidera ver na edición de 2005 de "Viñetas desde o Atlántico".

Máis información no xornal do Concello de Vigo

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Verbum, Cómic, BD Banda, Banda deseñada...