Dúas exposicións achegan o mundo da navegación a Vigo

Regatón

7/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
10 lecturas | Compartido 0 veces
Vigo amósase navegante. Por unha banda, porque unha exposición recrea un dos mitos da navegación máis recordado de todos os tempos: o Titanic. A exposición, que leva o nome da embarcación pode verse no Instituto Feiral de Cotogrande, e amosa obxectos recuperados logo do seu afundimento na singradura de inauguración. Por outra banda, “Travesías” é outra exposición que fai unha revisión das historias dos primeiros navegantes galegos. É unha mostra organizada polo concello vigués con motivo da saída desde Galicia da Volvo Ocean Race e que conta con fondos de seis museos.

Máis información sobre a exposición do Titanic nesta web e sobre as actividades culturais da Volvo Ocean Race no web do xornal do Concello de Vigo

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares