O centro andaluz abre esta noite a Mostra de Teatro de Ribadavia

Moito máis que viño

Ábrese o telón. A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) dará comezo hoxe coa lectura do pregón a cargo do actor, director e dramaturgo Manuel Lourenzo. Por diante queda unha semana chea de estreas. Trala suspensión do espectáculo do Les Bigbrozeurs a causa da lumbalxia dun dos actores, dez montaxes inéditas se presentarán na capital do Ribeiro. Un espectáculo que promete ser de luxo se a chuvia non fai estragos

Otelo el Moro


Tras un día de intenso traballo para montar o escenario no Auditorio do Castelo, todo está preparado para que o Centro Andaluz de Teatro inicie esta noite a edición do 2001 do MIT. Só falta mirar cara o ceo e agardar que non chova para poder gozar do espectáculo "Otelo el Moro". Horas antes, ás sete da tarde, o laureado Manuel Lourenzo lerá o pregón no concello que dará inicio á mostra máis accidentada. O primeiro espectáculo de rúa programado, o dos franceses Les Bigbrozeurs tivo que ser suspendido a causa da lumbagia dun dos actores principais.


Estreas e protagonistas


O cartel desta edición está ben completo. Mañá ás oit os argonenese de Pai, farán "324 xogos para nenos", e máis tarde, ás once e media, Teatro Meridional interpretará "Calisto". Este mesmo día, pero de madrugada Ylana poñerá en marcha o seu "Rock and Clown" na Praza Maior. O venres, "Lo hacemos de todas las formas" coa compañía belga-canadiense ás nove na Praza Maior. O seguinte espectáculo terá lugar o día 23 tamén ás nove cos madrileño "Humor de asalto" que fan os seus "Contos da maleta". Pecha o festival Tantakka con "Nacidos culpables" e La Banda de María co "Música callejera" (que se celebrarán ás nove ás once e media respectivamente).
Polo demais, por Ribadavia pasearánse múltiples caras coñecidas. Por unha Roberto Vidaal Bolaño, que preesentará "Os papalagui" o xoves no auditorio do Castelo e Mabel Rivera, máis coñecida polas súas interpretacións nas series de Televisión de Galicia.


Un cursiño e entradas


Ademais, dos espectáculos o MIT desta edición ofrece este ano a posibilidade de facer un "Cursiño acelerado para defenderse do director", que imparte Ángel Facio os días 20 e 24 de cinco a sete e media na Casa de Cultura de Ribadavia.
Por outra banda, o organización dispuxo este ano dun número de teléfono para a reserva de entradas (988 47 02 23) que custan 400 (maiores de 65 anos, estudiantes, parados e posuidores do Carné Xove) e 600 pesetas.