John Rutheford leva o premio Trasalba e Jon Lee Anderson o José Couso

Finalistas e gañadores

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Esta fin de semana deixou tras de si numerosos premios. Dunha banda o premio Trasalba 2007 foi para John Rutherford, profesor da Universidade de Oxford e presidente do Centro de Estudos Galegos. Da outra, o cronista do “The New Yorker”, Jon Lee Anderson, fíxose co terceiro premio José Couso. Canda a estes, a Asociación de Escritores en Lingua Galega deu a coñecer os finalistas dos seus premios anuais, que este ano engaden a categoría de mellor traxectoria xornalística. A Cerimonia de entrega dos premios terá lugar na tradicional Cea das Letras que terá lugar o sábado 5 de maio.

Máis información sobre o premio Trasalba en El Pais e Galicia Hoxe; sobre o Xosé Couso no web do Colexio de Xornalistas e sobre os premios da AELG no seu web

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Trasalba, John Rutherford, Lingua galega, Escritores...