Garci é o protagonista da I Semana Internacional de cine de Betanzos

Olladas da séptima arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Off de Ourense, As Xociviga de Carballiño, o Cineuropa de Santiago, e agora a Semana Internacional de cine de Betanzos. A cidade dos Cabaleiros quere subirse ó carro das actividades cinéfilas de Galicia. E faino celebrando unha semana adicada á séptima arte. A súa primeira edición ten un protagonista: José Luís Garci, de quen se exhibirá a súa filmografía. Unha semana.... de cine.

Retrospectiva

O cineasta José Luís Garci é o protagonista da primeira semana internacional de cine de Betanzos. Por ese motivo, farase unha retrospectiva do seu labor como director e cineasta exhibindo toda a súa filmografía.
Ademais, o cineasta estará presente en Betanzos para asistir á súa homenaxe e participar nas diferentes mesas redondas.
O Alfonsetti, o cine en funcionamento máis antigo de España, acollerá as películas de Garci entre as que destaca, "Volver a empezar", coa que o director conseguíu en 1983 un Óscar.


Un festival novel pero non novato

É certo que o festival é novel, porque esta é a súa primeira edición. Pero tampouco é menos certo que Betanzos sexa unha vila sen moita tradición cinematográfica. De feito este festival celébrase no marco das IV xornadas e seminarios de cine que se celebra en Betanzos cada verán. Unha semana que organiza o Concello en colaboración co Servicio de Medios Audiovisuais da Universidade da Coruña.
Este ano o programa contará coa presencia de Alfredo Landa, Fernando Guillén, Julia Gutiérrez Caba e Agustín González, co decorador asturiano Gil Parrondo e co director e guionista Luis María Delgado, quen produciu You´re the one e "El abuelo".
Un elenco que tamén contará coa presencia de Julio Pérez Perucha presidente da Asociación Española de Historiadores de Cine, así como varios estudiosos do mundo do celuloide.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Betanzos, Xociviga, Cineuropa...