O VI Simposio pondaliano, A literatura do rexurdimento celebra hoxe en Ponteceso a súa terceira xornada, cun programa sobre a música tradicional. Os actos celebraranse na Casa dos Veciños de O Couto a partir da 18 horas.
Conferencia e música
A intervención de hoxe irá a cargo de Manuel Rico Verea, que ofrecerá unha charla-coloquio sobre o aproveitamento didáctico da música tradicional e local na aula. A partir das sete e media, o grupo Cantaruxas do Couto ofrecerá unha actuación. Ademais destas actividades están programadas dúas mostras permanentes no mesmo lugar, unha dedicada ó libro do rexurdimento e outra que recolle a historia do simposio.
Simposio
O Simposio Pondal vense celebrando desde hai seis anos na vila de Ponteceso, investigando sobre diferentes aspectos do poeta do Rexurdimento. O simposio deste ano celébrase cada martes durante o mes de outubro. As vindeiras xornadas do simposio tratarán a poesÃa polÃtica de Pondal e a súa lÃrica, ademais de realizar un percorrido pola cidade de A Coruña.