Cultura convoca un curso para ensinarlles aos bibliotecarios a empregar a banda deseñada

Biblio BDs

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Ata o vindeiro vinte e nove de marzo está aberto o prazo para se inscribir nos novos cursos de formación para bibliotecarios que organiza a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural canda a Escola Galega de Administración Pública. Dentro destes ciclos inclúese o curso on-line "Banda Deseñada, coñecelas e usalas nas bibliotecas". A cargo de Daniel Buján e Rosario Crespo, o programa desenvolverase ata o vindeiro mes de setembro e incidirá en cuestións coma a historia da novena arte, a súa clasificación e posibles actividades.

Máis información no Diario Oficial de Galicia

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Bibliotecas

Claves