O Concello de Lugo elixe hoxe ao equipo encargado de construír o Museo Interactivo de Historia da cidade

Continente para o contido

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Os custes, o deseño do proxecto e os tempos de execución das obras son os criterios nos que se baseará un equipo de políticos e técnicos para decidir quen deseñará o futuro Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). Entre os catro estudos que optan a deseñar o centro existe un galego, Alfonso Penela, que presenta un teatro-espectáculo para albergar catro etapas históricas. Os contidos deste museo estarán definidos por un grupo de historiadores galegos e adaptados a un contorno tecnolóxico por Flavia Sparacino, unha italiana integrante do MIT de Massachusetts e que é unha referencia polos seus traballos en 3D.

Máis información en La Voz de Galicia (edición Lugo), en El Progresoe na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Lugo, Espectáculo, Teatro, Museo Interactivo da Historia de Lugo...