A definición dos contidos do museo interactivo de Lugo estará lista en outubro

Lugo interactivo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
En outubro do ano pasado o Concello de Lugo anunciou a intención de crear o segundo museo interactivo de España para explicar a súa historia. Agora sabemos un pouco máis dese proxecto, que empeza a concretar datas de traballo. Os contidos do “Museo Interactivo de Historia de Lugo” (MIHL) estarán deseñados por Flavia Sparacino, unha italiana integrante do MIT de Massachusetts e que é unha referencia polos seus traballos en 3D. Sparacino levará ao mundo virtual os contidos que define un grupo de historiadores entre os que están Pedro Saavedra e Ramón Villares. As previsións estiman que esta parte estará completada para finais do ano en curso. A seguinte etapa é a construción do centro que comezará no 2007 e que se financia con cargo a fondos municipais e a un crédito de sete millóns concedido polo Ministerio de Industria.

Máis información en El Progreso e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, Concello de Lugo, El Progreso, MIT...

Claves

Protagonistas
Lugares