A visita do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, á zona oriental de Ourense serviu de escenario para o anuncio. Medio Ambiente está a iniciar os trámites para conseguir a declaración de Pena Trevinca e mais do Macizo Central ourensán como parques naturais, unha proposta que se integra no plan "Ourense Montaña Oriental" para dinamizar a zona. Ao tempo, a Coordinadora Galega de MamÃferos Mariños anunciaba que para 2008 confÃa ter en funcionamento o primeiro centro estable dedicado á recuperación destes animais. Estará en Baiona, dependerá da ConsellarÃa de Medio Ambiente e quere ser un referente europeo neste campo.
Máis información no web da Xunta e en La Voz de Galicia