Premios, premios e premios. Estes dÃas as noticias veñen cargadas de premios, uns con dotación e outros non, pero en calquera caso é cuestión de prestixio. En primeiro lugar, están os premios que o sábado repartÃu a Federación de libreiros entre autores, editores, medios de comunicación e centros escolares que fixeran algo en prol da cultura este ano. En segundo lugar, o xornalista da Radio Galega, Santiago Dávila acaba de facerse co premio Tiflos de Xornalismo da Fundación ONCE. E por último, "O bosque animado" acaba de facerse con outro galardón máis: O Premio Especial da crÃtica do Fantasporto.
Premios Irmandade do libro
Este sábado, a Federación de Libreiros entregaba os seus XI premios "Irmandade do Libro" que concede anualmente. Un premio que uneu a crÃticos, editores e profesores presididos por Xaime Carlos Corral e que decidÃu os seus galardoados na presente edición nas diferentes categorÃas. Na categorÃa de mellor libro recaeu en "PoesÃa Completa" de Manuel MarÃa, editada pola editorial que dirixe Miguel Anxo Fernán-Vello. Na modalidade de institucións o premio recaeu no Instituto de Lingua Galega (ILG), e no de libreiro recaeu na LibrerÃa BahÃa de Foz de Lugo. A páxina literaria semanal de El Ideal Gallego que dirixe o poeta Xulio López Valcárcel, foi o que obtivo o premio en modalidade de medios de comunicación. Son os premios que non tiveron ningún tipo de dotación económica. O que si a tivo é a modalidade de Centros de Ensino que reaceu no CEIP A Rúa de Cangas e que está dotado cunha partida económica para adquisicion de fondos.
Premios Tiflos
A Fundación Once, que anualmente convoca os seu premios Tiflos de xornalismo, acaba de facer públicos os seus galardoados para este ano. E nunha das súas categorÃas, dotadas cada unha con 9.000 euros (case millón e medio de pesetas) hai un galego. Trátase de Santiago Dávila e foi premiado na categorÃa de radio, polo seu traballo no "Miradoiro de integración" da Radio Galega. Na categorÃa de prensa o premio foi para Nuria Verde por "El pie de Jaipur" publicado na revista Planeta Humano e na de televisión para Luis Pizarro por "El dÃa después" de Canal Plus.
Outro mais para o bosque
"O bosque animado" xa nos ten acostumado ós seus continuos galardóns. Ós dous Goyas acadados ultimamente, Dygra Films, a empresa encargada da longametraxe, tenlle que engadir o "Premio especial da CrÃtica" que lle acaban de conceder no Festival de Cine Fantástico de Porto, Fantasporto. Un festival que acaba de concluir e que tivo como vencedor da sección oficial "Fausto 5.0" de Isidro Ortiz e La Fura dels Baus.