Concertos e conferencias festexarán o medio século de existencia do Conservatorio de Ourense

Tres meses por cincuenta anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Comezou a funcionar o 25 de outubro de 1957 nun local situado na Praza Maior e pasou por numerosas sedes ata situarse no actual barrio de As Lagoas. O Conservatorio de Ourense cumpre neste 2007 cincuenta anos de vida e os seus dirixentes queren celebralo con música. Para iso acaban de presentar un amplo programa de actividades que encherá de concertos varios locais da cidade das Burgas por tres meses. Ademais, o programa inclúe un ciclo de conferencias nas que participarán Marcos Valcárcel, Roberto Relova e Carlos Vilar-Taboada.

Máis información en La Región e no web do Conservatorio

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Marcos Valcárcel, La Región, Cidade das Burgas

Claves

Protagonistas
Entidades