A creación dunha cooperativa de profesores evitará a desaparición do histórico conservatorio de Compostela

O novo vello conservatorio

9/9/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Logo do longo período de incerteza sobre a súa continuidade, o conservatorio histórico de Compostela inicia este curso unha nova etapa. Seis dos docentes deste centro decidiron constituír unha cooperativa, co que se desliga o centro da histórica Real Sociedade Económica de Amigos do País, que o xestionaba desde cincuenta anos atrás. O conservatorio quere funcionar achegando un ensino personalizado e adaptado a diferentes idades. Ademais, os promotores desta nova etapa pretenden tamén desenvolver actividades culturais de cara ao público.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, La Voz de Galicia, Ensino, Santiago de Compostela