Dimite a directiva do conservatorio da Coruña por falta de apoio mentres Amigos do País pide que a Xunta se faga cargo do seu

Conservatorios en danza

30/9/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A falta de apoios institucionais é a razón que apuxo a directiva do Conservatorio da Coruña para explicar a súa decisión de dimitir. O centro carece, segundo os dimisionarios, "de medios mínimos indispensábeis para sacar adiante o proxecto". Mentres, a Real Sociedade Económica Amigos do País, responsábel do Conservatorio de Compostela solicitoulle á xunta que o seu centro sexa absorbido polo novo conservatorio profesional que comezará a funcionar na cidade o vindeiro mes. A asociación de pais de alumnos deste centro considera que non é posíbel a supervivencia de dous espazos de ensino de música na capital galega e considera que esta é a única posibilidade de supervivencia do conservatorio.

Máis información sobre o conservatorio da Coruña en El Ideal Gallego; sobre o de Compostela en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Culturagalega, La Voz de Galicia, Ensino...