O Concello de Compostela adxudicou a xestión da súa escola de música, que comezará a súa actividade en outubro

Concedida a música

9/9/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A Escola de Música de Compostela comezará a súa actividade en outubro, logo de que o Concello resolvese conceder a súa xestión á empresa de Vigo Trobeiro S.L. Esta entidade comprométese a crear itinerarios formativos para nenos, adultos e preparación para o conservatorio cunha matrícula máxima de cincocentos alumnos por 158.400 euros ao ano. Mentres, a plataforma Bach, que defende a permanencia do antigo conservatorio, continúa a reclamar a inclusión deste centro nos plans municipais de ensino musical.

Máis información en La Voz de Galicia sobre a concesión; as reclamacións do antigo conservatorio nesta noticia e no noso tema sobre a Real Sociedad Económica Amigos del País

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, La Voz de Galicia, Vigo, Ensino...