O Estatuto, o Consello de Galiza e o exilio marcaron a vida de Tobío, un nome fundamental da nosa historia

Culturagalega TV: Lois Tobío

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
A coincidir con moitos outros dos protagonistas da serie, Lois Tobío fixo parte dalgúns dos proxectos máis importantes da nosa historia do século XX. Entre elas está a elaboración do Estatuto de Autonomía xa no momento da proclamación da República ou a constitución, no exilio, do Consello de Galiza, que "tiña a significación de manter viva a idea da liberdade do país nos anos do exilio. O proceso de autonomía quedara interrompido e non había un goberno no exilio absolutamente legal", explica. O seu traballo continuou aínda co I Congreso da Emigración Galega e con traballos como tradutor, articulista e escritor ata que a morte o levou en 2003. Agora podemos saber das súas lembranzas da man das Historias de Vida de Xan Leira.

Mira o episodio en culturagalegaTV

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Consello de Galiza, Lois Tobío, Xan Leira...