Lugo acolle unha mostra que exhibirá coreografías premiadas en diferentes certames

Baile con Premio

9/2/2007 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
2 lecturas | Compartido 0 veces
O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, a Asociación Galega de Profesionais de Danza e o Concello de Lugo xuntaron os seus esforzos en prol da danza nunha mostra que terá lugar este domingo (Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas). Na exhibición representaranse catro coreografías que foron premiadas en diferentes certames coreográficos como o de Maspalomas, o de Madrid, o de Burgos&New York e o que organiza o propio IGAEM. “Delicias da civilización”, “Na conca dos teus ollos” ou “Osario” son títulos dalgúns dos ballets que se poderán ver.

Máis información no programa da mostra(en pdf)


Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves