O Teatro Galán estrea hoxe os solos de danza dentro do programa “Fóra de serie”

Danza de serie

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Esta noite o Teatro Galán (22:00 horas) vístese de danza. Faino cos seus habituais solos de danza cos que traerá dúas estreas, as dos canarios Daniel Abreu e Natalia Medina, que acompañarán á vasca Matxalen Bilbao. Daniel presenta “Escápaseme entre os dedos” co que vén de recibir os premios ao bailarín máis destacado e sobresaliente dos certames coreográficos de Maspalomas e Madrid. Matxalen Bilbao danzará “Lotura (Lazos)” no que pretende ofrecer unha danza “táctil”, para reflectir a necesidade que ten a xente de tocarse.Por último Natalia Medina pechará este programa co seu solo “Papas e noes”. Esta edición de “Fóra de serie” repítese mañá ás 22:00 horas.

Máis información no web do Teatro Galán

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Teatro Galán, Bilbao...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares