Santiago e Vigo acollen a celebración dunha mostra de coreografías premiadas

Fondo e forma

Vigo e Compostela acollen unha mostra de coreografía que ten como principal característica que toda as propostas que se verán foron premiadas nalgún certame. E algunhas delas son "As galiñas corren coma tolas" de Susan Kempster foi o primeiro premio no "XVI Certame Coreográfico de Madrid" ou "Minube" dos Vigueses Maruxa Salas e Iván Pérez gañaron o primeiro premio no II Certame Internacional de Coreografía Nova York-Burgos. Outro dos grupos galegos que actuarán son Nova Galega de Danza que executarán "Alento", coa que gañaron o segundo premio do I Certame de Creación Coreográfica de Galicia. As citas: hoxe en Vigo ás 20:30 horas no teatro Caixanova de Vigo e mañá en Santiago no Salón Teatro ás 21:00 horas.




Máis información no
Faro de Vigo