Un cubano afincado en Galicia gaña o premio de Creación Coreográfica

Bailar ten premio

31/5/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
Miguel Azcúe é un cubano que desde hai uns anos reside en A Coruña. Coa súa obra “Deserto” foi o gañador do certame de creación coreográfica que organiza a Consellaría de Cultura a través do IGAEM, dotado con 3.500 euros ademais da inclusión dentro da programación anual da Federación de Asociacións de Profesionais de Danza. O segundo premio, dotado con 2.000 euros, foi para Damián Muñoz e a compañía coruñesa Experimenta Danza; mentres que o terceiro, dotado con 1.500 euros, foi para Maruxa Salas. Ademais, o xurado concedeu unha mención especial á coruñesa Mercedes Suárez por “O ano exterminador” e recoñeceu a Maruxa Salas como a bailarina máis destacada.

Máis información no web do IGAEM


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Danza, Mercedes Suárez, Asociacións...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares