Este domingo decídese se o audiovisual galego incrementa a súa lista de premios Goya

A agardar os Goya

26/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A cultura do país estará pendente esta fin de semana do Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións, en Madrid. Alí se celebra, a noite do domingo, a XXI Edición dos Premios Goya, e saberase se Galicia engade outro destes galardóns á lista dos xa conseguidos. "De profundis", de Miguelanxo Prado e Nani García, compite con "Pérez, o ratiño dos seus soños", da coruñesa Filmax, para ver quen é o mellor filme de animación. Pola súa banda, a produción galega "Un franco, 14 pesetas", compite na categoría de mellor director novel.

Máis información nos nosos arquivos, "De profundis", "Un franco, 14 pesetas"

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Premios Goya, AVG, Nani García...

Claves

Lugares