De profundis, a creatividade de Miguelanxo Prado e Nani García compite con Pérez, o ratiño dos seus soños, o saber facer de Fílmax Animation. Son as dúas producións galegas que compiten na carreira dos XXI Edición dos Premios da Academia das Artes e da Cinematografía española, máis coñecidos como os Goya. Unha gala na que, contravindo a tendencia dos últimos anos, ademais das citadas só hai unha coprodución galega. Trátase de Un franco, 14 pesetas de Adivina Produccións, que é candidata a mellor dirección novel. Con 15 candidaturas, Alatriste de Agustín Díaz Yáñez e Volver con 14 son as grandes favoritas da Academia, que estrea nova dirección con Ángeles González Sinde.
Máis información en El País, en La Voz de Galicia e na nosa hemeroteca sobre as edicións anteriores. Consulta as fichas de De profundis e Un franco, 14 pesetas