A Sala Nasa achega o Teatro de Marionetas de Oporto no seu festival Portugaliza

Portugaliza

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Naceu en 1995 e desde entón mantense sen unha periodicidade fixa. Trátase de Portugaliza, o evento que promove a Sala Nasa de Santiago para achegar o teatro galego e portugués. O festival comezou onte coa presenza do Teatro de Marionetas de Oporto con “Nada ou o silenzo de Beckett” que deixará paso a Trigo Limpo, unha compañía asidua ao evento e que achegará dous espectáculos para celebrar os seus trinta anos. Falando de teatro, o presidente da comisión xestora galega da “Asociación de Actores” amosou a súa preocupación pola convocatoria de axudas feita pública pola Consellaria de Cultura para o sector escénico neste 2007. Para analizar a situación a comisión celebrará unha xuntanza esta mesma semana.

Máis información sobre Portugaliza en El País e no web da Sala Nasa; sobre as críticas da Asociación de Actores en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Sala Nasa, Portugués, El Correo Gallego...