O dÃa 18 de maio celébrase o DÃa Internacional dos Museos. E os edificios destas caracterÃsticas de Galicia non queren desaproveitar a ocasión de festexar o seu dÃa. Cada quen faino ó seu xeito, en individual, coma na Coruña ou en grupo como en Santiago. Pero todos terán un dÃa de portas abertas para invitar ó público a coñecer o contido dos seus centros. Un acto que está marcado dentro dunha reflexión sobre o papel que deben desenvolver na sociedade.
Un dÃa para todos
En 1977 o Consello Internacional dos Museos (ICOM), dependente da Unesco, decidÃu instaurar un dÃa para incidir na importancia social que teñen os centros museÃsticos. Deste xeito preténdese recordar a memoria histórica colectiva manifestada a través das coleccións de fondos que atesouran. Este ano, o tema que centra a celebración pretende afondar nas relacións "Museos e globalización". O fenómeno crecente da globalización afecta a todos os ámbitos e os museos non son alleos a esta factor. Por iso, incidir na súa importancia e no seu valor é o cometido principal que se debe desenvolver nesta xornada de reflexión.
En Compostela
E para celebrar o seu dÃa os museos todos de Compostela decidiron organizar actividades conxuntas. Por iso onte mantiveron unha xuntanza co alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, para informar de cales serÃan os seu actos. Na rolda de prensa posterior á xuntanza informaron que celebrarán o seu dÃa coas portas abertas, exhibindo os seus fondos para todos aqueles que se queiran achegar ó seu interior. Os responsables dos museos fixeron unha especial invitación ós veciños da área de compostela, xa que as estatÃsticas revelan que son maioritariamente de fóra os que adoitan a visitar as súas instalacións. Para facilitar a visita os museos acaban de editar un folleto que inclúe documentación de todos os museos da cidade, con horarios e dÃas de visita, asà como unha breve reseña dos seus fondos.
O sábado será tamén o momento de reflexionar sobre o papel que desenvolven os museos no conxunto da sociedade. En parte porque os museos, segundo declarou Bieito Pérez Outeriño, responsable do Museo das Peregrinacións, son "custodios da memoria colectiva".
Aproveitando a importancia do dÃa o alcalde de Compostela fixo especial fincapé na débeda que ten o concello para crear un Museo da Cidade.
E na Coruña
Os museos coruñeses tamén celebrarán o dÃa dos Museos con xornadas de portas abertas. Un feito que pretende servir de reclamo para que a xente visite os diferentes centros. O Museo de Belas Artes da Coruña celebra desde hoxe e ata o xoves, de 11 a 12:30 "Seguindo o rastro". Trátase dunha actividade dirixida a nenos, que pretende que os pequenos realicen un traballo en equipo para comprender a ubicación das obras para aumentar a capacidade de observación e deducción a través das obras de arte que exhibe un museo. E farao a través dun traballo didáctico en equipo, onde cada grupo recibirá unha pista relativa a unha obra que figure no museo e que os rapaces terán que atopar e logo elaborar unha ficha cos datos da obra. E asà sucesivamente ata completar as 14 requeridas.