Hai uns dias vÃamos propostas conxuntas dos museos santiagueses para celebra o DÃa Internacional dos Museos, unha efemérides que organiza o ICOM (Consello Internacional dos Museos), co obxectivo de sensibilizar aos cidadáns sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. E aos poucos imos descubrindo novos centros que se suman a esta proposta. Todos os centros aproveitan os seus contidos para programar contacontos, restauracións abertas ao público, visitas nocturasÂ… actividades para todos os públicos con horarios máis amplos e maior número de actividades.
Na Coruña, o museo de Belas Artes celebra o seu dÃa cun horario especial abrindo de 20 a 24 horas, e cunha serie de actividades como son as visitas, obradoiro para nenos, visita guiadas á colección e música. Notros centros, como o museo Massó de Bueu, escolleron unha zanfoña que pertenceu á familia Massó para organizar actividades arredor deste instrumento (exposicións, concertos e un seminario) alén de obradoiros para pequenos arredor de temas náuticos.
Viladonga, aproveita este dÃa para ofrecer actividades que achegan a arqueoloxÃa a todos os públicos. Mostra fotográfica, actividades de recreación histórica, visita guiada nocturna e xogos populares, asà como actividades especÃficas para nenos (ilusionismo e contacontos). E nesta liña vai o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, abrirá ao público os traballos de recuperación dunha pintura sobre lenzo. Isto máis visitas guiadas á súa sala de exposición permanente ata presentacións individuais de pezas do seu catálogo.