Desde as Irmandades da Fala ao Museo do Pobo, Antón Fraguas desenvolveu un labor único a prol da nosa cultura

CulturagalegaTV: Antón Fraguas

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
"Cando se produciu a miña entrada na Academia eu non quixen que fose solemne. Eu substituín a Castelao, dicindo que nin eu nin ninguén debía substituílo, ata que viñese alguén que fose coma el". A modestia coa que Antonio Fraguas nos conta a súa vida non se corresponde coa importancia histórica da súa figura. Membro histórico das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, desenvolveu ao longo de toda a súa biografía un intenso labor a prol da cultura do país. Xan Leira achéganos as palabras lentas deste persoeiro á nosa serie "Historias de Vida": "Esta foille a miña vida, non me metín nunca con ninguén non tiven reserva contra ninguén. Se algúns fixeron trangalladas contra min, pois ben. Se estou vivo para contalo, que me importa a min que mas fixesen".

Mira o episodio en culturagalegaTV

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Antón Fraguas, Irmandades da Fala, Castelao...