O intenso traballo que desenvolveu no exilio galego da posguerra en Arxentina fixo de Mariví Villaverde unha icona da nosa historia

CulturagalegaTV: Mariví Villaverde

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
"Eu vivín toda a problemática da república, e lémbroa como se a estivese vivindo hoxe". Filla do alcalde republicano de Vilagarcía, Mariví Villaverde sufriu a represión franquista xa de nova, e desenvolveu boa parte da súa vida no exilio en Arxentina. Neste país dirixiu, con Xesús Cuadrado o xornal "Galicia" e desenvolveu diversas actividades na colectividade galega exiliada. Villaverde traballou especialmente por defender o papel da muller dentro da colectividade emigrante e voltou ao noso país en 1966. Aínda neste 2006 puidemos vela en diferentes actos en lembranza polas vítimas da represión franquista. Unha vida de película que agora nos achega en tres minutos Xan Leira dentro da nosa serie "Historias de Vida".

Mira o episodio en culturagalegaTV

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Arxentina, Xan Leira, República...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos