Seis libros para cativos de Luís Ben editados por Sotelo Blanco entregaranse co xornal Galicia Hoxe

Uxía e os pillabáns crean lectores

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as Secretarías Xerais de Comunicación e Política Lingüística participan na realización dunha campaña para a promoción da lectura infantil en galego promovida polo xornal Galicia Hoxe e a editorial Sotelo Blanco. A campaña consiste na difusión de seis publicacións de literatura infantil entre os lectores de Galicia Hoxe. Os exemplares entregaranse co xornal todos os venres a partir do día 22 de decembro e ata o 26 de xaneiro. A colección leva por título “Uxía e os pillabáns”, e está escrita e ilustrada por Luís Ben, sendo a primeira ocasión na que o autor compostelán leva todo o peso das publicacións. Os libros diríxense aos lectores máis cativos, en idades comprendidas entre os seis e os oito anos. Esta campaña de promoción da literatura infantil en galego tamén conta coa colaboración da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo e as empresas Unión Fenosa e Caixanova.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Sotelo Blanco, Literatura, Xacobeo...