Co gallo da presentación dos tres primeiros tÃtulos da Biblioteca Compostela no Casino de Santiago o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o Director Xeral de Galaxia, VÃctor F. Freixanes, confirmaron hoxe a continuidade desta biblioteca encadrada na narrativa europea contemporánea e nacida ao abeiro do Premio de Novela Europea Casino de Santiago. Nesta biblioteca de edición conxunta entre as dúas entidades presentáronse hoxe os libros de Martin Amis, Andrea Camilleri e Daniel Kehlmann e avanzaronse as publicacións de outros tres tÃtulos: “Non me deixes nunca”, de Kazuo Ishiguro, gañadora do Premio de Novela Europea do Casino neste ano; “O retorno”, do alemán Bernhard Schilink; e “Fuxir”, do belga Jean-Philippe Toussaint. Freixanes asegurou a publicación de catro tÃtulos anuais na Biblioteca Compostela e tamén avanzou que Galaxia xa ten preparada a saÃda do novo libro de Paul Auster, “Travels In The Scriptorium” no orixinal.
Máis información sobre a Biblioteca Compostela en Galaxia