O CESGA e a UDC preparan o primeiro portal galego para a terceira idade

Navigantes xubilados

Integrar nas novas tecnoloxías un grupo de idade cada vez máis numeroso é o obxectivo do proxecto que está a desenvolver o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Grupo de Investigación de Xerontoloxía da Universidade da Coruña en colaboración coa empresa Interarte. Para acadar esta integración porase en marcha o primeiro portal galego de internet dirixido específicamente ós maiores.

A cuestión


Galicia conta cada vez máis cunha poboación envellecida que ten dificultades para acceder ás novas tecnoloxías da información e das comunicacións que se veñen desenvolvendo nos últimos vinte anos. En grande medida, estas dificultades veñen dadas porque non se toman en conta as especifidades deste grupo de idade de cara ó aceso e manexo dos recursos da rede.
Así, cos anos é habitual perder capacidade de visión e de oído, así coma de tacto, o que dificulta a aprendizaxe e o acceso ós contidos de Internet
Coa intención de coñecer polo miúdo os problemas dos maiores para empregar as novas tecnoloxías e buscando integralos nas novas tecnoloxías, está a desenvolverse o proxecto "Ágora Senior".











O proxecto


O proxecto "Ágora Senior"está a desenvolverse mediante a colaboración de Interarte Servicios Multimedia, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Grupo de Investigación de Xerontoloxía do Departamento de Mediciña da Universidade da Coruña co apoio económico do Plan Galego de de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico da Xunta.
Estes días rematouse a fase de análise, que pretendía coñecer de primeira man os problemas das persoas maiores para relacionarse cos computadores e coa rede. Para realizar este estudio, as tres entidades contaron coa colaboración do Centro Xerontolóxico de Estancias Diurnas "La Milagrosa" e coa experiencia do Grupo de Investigación Xerontolóxica. Seguindo as dirctrices da Consorcio da World Wide Web e as directivas comunitarias, o proxecto contempla a necesidade de que os productos na rede para os maiores teñan unha navegación moi sinxela, un bo tamaño de letra e uns iconos facilmente recoñecibles.












O portal


A partir da información colleitada de anteriores experiencias e do contacto directo cos maiores, agora comeza a parte práctica do proxecto "Ágora Senior" investigando a resposta dun grupo de persoas maiores navegando en portais creados específicamente para eles.
Nunha segunda fase, as organizacións implicadas no proxecto pretenden desenvolver o primeiro portal galego dirixido á terceira idade. Este portal tratará temas de interese específico para este colectivo como son a saúde, o tempo, as finanzas e información sobre o ocio e a cultura entre outros temas. Búscase crear un portal o máis adecuado posible ás necesidades deste público, optimizando a súa competitividade comercial ó tempo que tentando contribuir á calidade de vida das persoas maiores.