O CESGA intégrase nunha rede computacional de última xeración

Novas de computadores galegos

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vén de integrarse, onda as universidades de Santiago e da Coruña no proxecto Crossgid, dirixido polo Laboratorio Europeo de Física (CERN). Este proxecto pretende crear unha rede europea de computadores cun alto rendemento para aplicacións fundamentalmente científicas. Mentres, vimos que coñecer que R vén de asinar un convenio con Microsoft que permitirá ós seus abonados empregar os programas desta compañía directamente na rede e sen ter que adquirilos.

Rede de computación




O Centro de Supercomputación de Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago e a da Coruña veñen de iniciar a súa participación no proxecto Crossgrid, a creación dunha rede de computadores de alto rendemento para aplicacións fundamentalmente científicas.
A idea é compartir os recursos dos diferentes computadores integrados na rede, de xeito que cando un deles non teña capacidade suficiente para realizar unha tarefa se produza unha redistribución automática da información entre varios computadores para que colaboren na tarefa.
Neste proxecto están implicados vintedúas institucións de once países diferente de toda Europa baixo a dirección do Laboratorio Europeo de Física (CERN).
Este proxecto pretende tamén desenvolver aplicacións para o tratamento masivo de datos e para aproveitar as posibilidades de interacción da rede para aplicacións fundamentalmente científicas aínda que non se pecha a porta ó seu emprego por empresas.
Polo de agora os centros implicados teñen a misión de desenvolver catro aplicacións diferentes para probar a capacidade da rede. Así, por unha vnada estase a probar un sistema de representación tridimensional para operacións quirúrxicas. Por outra vnda, está a desenvolverse un sistema de predicción meteorolóxica que permitirá prever posibles inundacións. No mesmo sentido, na Universidade da Coruña investígase unha aplicación para análise da polución do aire, mentres desde o CESGA se realiza a infraestructura e soporte da rede.
O proxecto está financiado maioritariaamente pola Unión Europea cun orzamento de 6.707.000 euros, e agárdase que estea rematado para o ano 2004.












Programas por ASP



R, A empresa galega de cabo está a ofrecer un novo servicio froito dun convenio con Microsoft. Trátae do sistema ASP, que permitirá ós usuarios da compañía galega empregar os programas da empresa estadounidense directamente sobre a rede, sen ter que descargalos completos nin mercalos.
Este servicio, destinado a profesionais e pequenas e medianas empresas xestionarase en modalidade de alugueiro, pagando polos programas unicamente na medida en que se empreguen o que permitirá a estes usuarios acceder a aplicacións de alto custo que só eran accesibles ata o de agora a grandes corporacións. Este ó primeiro acordo deste tipo que se realiza no Estado Español.