Valle-Inclán verá as súas obras completas editadas en España

Valle completo

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

As obras completas de Valle-Inclán veranse publicadas en España da man da editorial Espasa-Calpe logo de longas e difícis negociacións cos herdeiros do escritor. Dous volumes de máis de dúas mil páxinas recollerán a producción literaria do autor.


Febreiro, a narrativa

Aínda haberá que agardar ata febreiro para ver o primeiro volume dos dous que compoñen as obras completas de Valle-Inclán editado por Espasa-Calpe. Esta edición chega despois de máis quince anos de negociacións da editora cos herdeiros do autor, que non daban chegado a un acordo para reunir todos os textos de Valle.
O primeiro destes volumes terá máis de dúas mil páxinas e recompilará a obra en prosa do autor, "Femininas", "Epitalamio", "Corte de amor" "Jardín Umbrío" e as "Sonatas".


O resto


O segundo volume, que terá case dúas mil cincocentas páxinas, pretende recoller o resto da obra do escritor, desde obras teatrais a poemas, prólogos, artigos ou contos. Entre estes textos poderán lerse algúns inéditos que acadou localizar Xaquín Valle-Inclán, neto do autor e encargado da edición da súas obras completas. É a primeira vez que se realiza unha edición deste tipo da obra do escritor galego.

Que che parece esta nova?
8 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Contos

Claves

Conceptos