Touriño reivindica a fortaleza do audiovisual na gala de entrega dos premios Chano Piñeiro

Chano e os premios

24/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Alejandro Amenábar e José Luís Cuerda compartiron onte en Vigo o I Premio Chano Piñeiro. Ademais de pór nome ao premio, o autor de “Sempre Xonxa” tamén foi recoñecido co galardón honorífico, que recolleu a súa viúva, Mari Luz Montes. Na gala de entrega estaba o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen reivindicou a necesidade dun sector “propio e potente construído cos ladrillos do talento, a imaxinación e a creatividade”. Ademais, Touriño reivindicou a figura de Chano como punto de partida e símbolo para a cultura do país.

Máis información en El Correo Gallego, Galicia Hoxe e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chano Piñeiro, Emilio Pérez Touriño, Galicia Hoxe, El Correo Gallego...