Jose Luís Cuerda e Alejandro Amenábar reciben esta noite en Vigo o premio Chano Piñeiro

No nome de Chano

23/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A secretaría xeral de Comunicación entrega hoxe en Vigo o primeiro premio Chano Piñeiro. O premio, dotado con 60.000 euros, recaeu nesta primeira edición compartido entre Jose Luís Cuerda e Alejandro Amenábar. Ademais, a viúva do autor de “Sempre Xonxa” recollerá a distinción honorífica ao cineasta. No marco de Cineuropa a Aula Socio Cultura de Caixa Galicia acolle desde hoxe un ciclo de cine que levará o nome de Chano Piñeiro. Nel preténdese facer balance do audiovisual galego de 2006 cos filmes “Cargo”, “Os aires difíciles”, “Días azuis”, “Promedio vermello” e “Un franco, 14 pesetas”

Máis información no web da Xunta e en AVG as fichas de Cargo, Os aires difíciles, Promedio Vermello, Un franco, 14 pesetas e Días azuis

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AVG, Culturagalega, Cine, Chano Piñeiro...