O Consello da Cultura acolle unha xornadas que analizan as novas posibilidades da rede para a dinamización cultural

Novas versións de cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
"Cara a unha cultura 2.0" é o título da xornada que o vindeiro martes 28 de novembro acolle o Consello da Cultura Galega. Organizada por esta institución e mais o Clube Internacional de Prensa, no evento analizaranse as novas posibilidades que achega Internet de cara á dinamización cultural. Ademais de presentar iniciativas neste sentido que se están a desenvolver en Galicia, como escoitar.org ou os grupos de desenvolvemento de software libre, o evento contará coa presenza de Marcelo D´Elia Branco, asesor do goberno de Brasil e mais da Generalitat de Cataluña en desenvolvemento da Sociedade da Información.

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Consello da Cultura Galega, Brasil, Cataluña

Claves

Conceptos
Lugares