O Consello da Cultura Galega analiza en Pontevedra o salto das novas tecnoloxías á imaxe

A ética no píxel

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Desde hai tempo fálase da aplicación das novas tecnoloxías á practica periodística. E neste sentido, o Consello da Cultura Galega fai a súa achega cunhas xornadas arredor da influencia das novas tendencias aplicadas ao fotoxornalismo. Coñecidos fotógrafos analizan desde onte en Pontevedra as consecuencias do salto á fotografía dixital. Na xornada inaugural recoñecidos fotógrafos destacaron a necesidade dunha formación profesional para afrontar os problemas éticos debido ás posibilidades de retoque e manipulación fotográfica.

Máis información na web do Concello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Pontevedra, Fotografía

Claves

Conceptos
Lugares