No marco do Salón do Libro de Barcelona o Gremi de Llibreters de Barcelona i Catalunya ven de recoñecer co Premi Llibreter 2006 ao mellor álbum ilustrado á versión en catalán do libro “A cousa que máis doe do mundo” un conto popular de Costa de Marfil editado por OQO Editora adaptado por Paco Liván e ilustrado por Roger Olmos. O premio, que vai pola sétima edición, ten como obxectivo remarcar a calidade e o significado de determinados tÃtulos e favorecer a súa difusión mediante a promoción nas librarÃas. O libro de OQO, que competiu con outros seis finalistas ao galardón, xa recibira anteriormente unha mención especial pola súa calidade literaria e gráfica no prestixioso catálogo White Ravens.
Ficha en Lg3 de A Cousa que máis doe do mundo